O CRA

A nosa historia , como a mayoría das historias, está composta de moitas variables que nos axudaron, condicionaron, frenaron, ou lanzado segundo as circunstancias.Mais o que fixo que a nosa historia adquirise un matiz diferente ás outras foi o feito de adereza-la coa imaxinación, entrega, colaboración, entusiasmo , amistade?

Somos un grupo de profesionais do encino que gozamos co noso traballo , e que tratamos de que os ?nosos? nenos e nenas aprendan a aprender disfrutando de todo o que está ó alcance da súa man.

Non poseemos nada especial, nin as mellores condicións para realiza-lo noso traballo, mais descubrimos que as únicas fronteiras que existen son aquelas que nos mesmos queramos trazar no noso horizonte.

Para entendermos, para cegar a comprender a nosa filosofía, só é necesario disfrutar e facer disfrutar ós demáis co traballo de cada día.

¿QUÉ É UN C.R.A.?.

Un C.R.A. non é nin máis nin menos que un Colexio, por suposto un Colexio especial:
    C-Colexio
    R-Rural
    A-Agrupado


Un C.R.A. é un Centro formado por outros Centros pequenos, Escolas Unitarias,nas que se escolarizan nenos e nenas pertencentes a distintos nivéis educativos:

Educación Infantil e primeiros ciclos de Educación Primaria.

As Escolas Unitarias teñen unha idiosincrasia moi característica, que condiciona o tipo de educación que se imparte nelas.Os alumnos non están agrupados atendendo a criterios de idade, como sucede na mayoría dos outros Centros.Na mesma aula conviven nenos e nenas de distintas idades polo tanto interactúan entre eles favorecendo un desenrolo máis armónico da súa personalidade.O momento evolutivo é o que marca as afinidades entre o alumnado e nunca a idade cronolóxica.Ademáis prodúcese un fenómeno moi especial todos na nosa aula somos mestres e alumnos o mesmo tempo, cada un temos algo que aprender e algo que encinar.Por último dicir que as Escolas Unitarias, que forman un C.R.A., están totalmente integradas no medio no que se desenrolan o neno e maila nena, forma parte da súa paisaxe natural e non se sinte desarraigado en ningún momento.

¿QUÉ É O NOSO C.R.A.?

O noso C.R.A. ademáis de ser todo o que aparece no punto anterior, ten algo especial, que probablemente moitos, incluso diriamos a mayoría, dos profesionais do encino teñen, mais en poucas ocasións se manifesta.

Nos somos un grupo de persoas que atopamos a fórmula química que nos permite desenrolar o noso traballo con entusiasmos, imaxinación?

O C.R.A. foi o soporte legal que permitiu que a nosa filosofía de traballo se poidese desenrolar nunhas mellores condicións.Antes de existir como centro formábamos xa ungrupo compacto, que coas limitacións propias da nosa situación: pouca dotación económica, escasos aportes de material, dificultade para reunirnos ó carecer dun lugar adecuado, falta de compañeiros especialistas en outras áreas?, conseguimos levar a cabo unha programación que incluía a realización das nosas actividades conxuntas de tódalas Escolas que máis tarde pasaron a configurar o noso C.R.A.

O noso Centro está formado por cinco unidades situadas en cinco parroquias pertencentes ó Concello de Ponteceso, a distancia media entre ellas é de oito quilómetros e disponemos dunha Sede, é dicir unCentro de reunión e traballo, localizada na antigua vivenda dunha das Escolas . Ademáis traballan conozco dúas Escolas máis: Divino Salvador de Pazos,Concello de Ponteceso e Fontenla Concello , de Cabana, as mestras destas dúas Escolas xa formaban parte do grupo de traballo que existía antes da creación do C.R.A.

Somos sete mestres e atendemos tódalas áreas do currículo de Educación Infantil e Educación Primaria así como as especialidades L.O.G.S.E. : Educación Musical, Educación Física, Língua Estranxeira - Inglés, xa que disponemos dos correspondentes especialistas nestas materias, que nalgún caso comparten a súa especialidade coa tutoría dalgunha das Escolas .

O noso alumnado está formado por nenos e nenas de tres ata dez anos. A distribución deste alumnado non é a mesma en tódalas unidades así disponemos de unidades que escolarizan só alumnos de Educación Infantil e outras unidades que escolarizan alumnos de Educación infantil e Primaria. O que é común a todas é que nunha mesma aula están escolarizados nenos e nenas de diferentes nivéis madurativos o que constitúe unha auténtica riqueza.

¿CÓMO FUNCIONA?

Anque poidese parecer que o funcionamento do noso C.R.A. é complexo, debido á distancia entre as aulas, os distintos nivéis educativos de cada pequena Escola , ás dificultades que xera o transporte dos nenos e nenas , non hai nada que non poida ser facilmente organizado.

A nosa metodoloxía é a metodoloxía do encaixe, somos as distintas partes dun mesmo ensamblase.

A nosa meta é que o noso alumnado aprenda vinculado ó medio que lle rodea sen que iso signifique caer no illamento. Por iso unha das nosas prioridades é a interacción entre tódolos membros do C.R.A.. A programación de actividades comúns, que suporían unha contribución de cada neno e de cada nena á configuración da actividade xeral, é unha das nosas metas. Ó longo dos anos comprobamos que este tipo de actividades, e nas que o encaixe de tódalas pezas é o que as fai funcionar, son motivadoras e moi gratificantes para todo o noso alumnado.

Ademáis os nosos nenos e nenas son auténticos embaixadores da nosa idea. Idea que levaron ós seus fogares facendo que as súas familias se sintan interesadas en aquilo que fan. Isto constituíu unha baza moi importante para nós.Fomos canalizando o interese amosado polos pais , nais, avoas e avós conseguindo facelos participes da vida escolar.

¿ONDE IMOS?

Agora que xa vos ides facendo unha idea de cómo somos, sería interesante que souberades cara onde nos diriximos, cal é a senda que imos a seguir, que camiño é o que imos tomar e que saibades que non nos conformamos con calquera cousa. A nosa intención é aproveitar todo o que nos ofrecen as novas alternativas, tanto en tecnoloxía coma en correntes pedagóxicas para traballar co noso alumnado dotándoo de tódolos medios para desenrolarse coma persoas do século XXI. Somos un Colexio do medio rural, que non é sinónimo de medio atrasado ou sen recursos. Os nosomedraron nas nenos e nenas, coma tódolos nenos e nenas da nosa sociedade naceron e medraronna voraxine da nova tecnoloxía e é un reto para nós que o noso alumnado sexa capaz de aproveitar todo o que esa tecnoloxía nos ofrece e non coma receptor pasivo da mesma senón coma axente activo e creador.

Un dos nosos obxectivos principias é o de supera-las barreiras espaciais que existen no noso centro e converte-las nun vehículo de comunicación e intercambio, é dicir, interésanos que entre todo o alumnado das nosas e entre os pais e nais dos nosos nenos e nenas flúa unha corrente continua que nos permita a realización de actividades conxuntas a realizar en tempo real empregando para elo os ordenadores e as posibilidades que nos ofrece Internet.

Pretendemos que a comunicación a través de Internet nos permita crear contidos da linguaxe que realizaremos entre todos: elaboración de contos conxuntos entre tódalas escolas, realizar comentarios sobre as creación dos nosos compañeiros e compañeiras, ilustrar traballos dos nosos amigos e amigas.

Tamén pretendemos que a biblioteca se converta nun ente con vida propia, na que convivan os libros cos comentarios dos nenos e nenas que os leron, con alternativas ós personaxes ou ós principios e finais, con novas ilustracións e tamén queremos que a nosa compañía de teatro dispoña de toda a plantilla necesaria: decorados, guionistas, deseñadores e por suposto de actores e actrices.

Aínda que todo esto parece que ten tintes de fantasía desmesurada, crede que é todo unha rigorosa realidade, realidade que xa estamos vivindo e que nos abre camiños insospeitados para o futuro. Xa non existen barreiras espaciais que nos impidan a interrelación entre os membros da comunidade educativa, agora só é cuestión de seguir gozando co traballo de cada día. E ? esto só é o principio?